Imprimir
Categoría: Comunicados de prensa
Visto: 3266

O feminismo galego agrúpase en torno a unha Plataforma, que será presentada mañá martes nun acto na libraría Lila de Lilith

Información
Comunicados de prensa 05 Octubre 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

Un grupo de mulleres que integran a nova plataforma comparecerá en rolda de prensa para informar sobre a mesma e anunciar unha das accións nas que está a traballar: a Marcha contra as Violencias Machistas do 7N en Madrid

Santiago, 5 de outubro de 2015. Co obxectivo de loitar xuntas pola igualdade e contra o machismo nas súas diferentes manifestacións, mulleres integrantes en entidades feministas, agrupacións, sindicatos e partidos políticos, así como moitas outras independentes e non vencelladas a ningunha destas organizacións, veñen de crear unha nova plataforma: a Plataforma Feminista Galega.

Como xa acontece coa Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, fundamental na loita –con victoria final para o feminismo- contra a pretendida contrarreforma de Gallardón, a unión das mulleres ten demostrado un maior nivel de eficacia nas principais reclamacións e, con ese lema de traballar xuntas, nace a PFG. E un grupo de mulleres que forma parte da mesma comparecerá mañá martes en rolda de prensa para presentala e, ademais, para explicar algunhas das accións nas que está a traballar nestes primeiros tempos de andaina.

Un deles é a organización da Marcha contra as Violencias Machistas, que terá lugar en Madrid o 7 de novembro e que contará coa presenza de moitas das mulleres desta plataforma. A presentación de mocións nos concellos galegos, e a recollida de adhesións son algunhas das iniciativas que está a desenvolver a PFG ao longo destas semanas, e das que seguirá informando en vindeiras datas.

O encontro cos medios de comunicación será ás 18.30 horas na Libraría Lila de Lilith de Compostela.

Saúdos{jcomments on}