Óscar Lomba Álvarez

Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciado en Dereito Económico pola Universidade de Vigo.

Traballa como Persoal de Servizos Xerais (P.S.X.) na Estructura Organizativa de Xestión Integrada (E.O.X.I) do Servizo Galego de Saúde no departamento de Formación Continuada e Docencia en Vigo.

Membro da directiva de ESCULCA. Tamén é activista da Plataforma de Afectados pola Hipoteca e membro de ProLingua e AGAL. Afiliado á Confederación Intersindical Galega. Colaborador habitual en prensa escrita, ten publicado artigos de opinión en Diario 16 de Galicia, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, A Trabe de Ouro, Tempos Novos, A Nosa Terra, Xornal de Galicia, Galicia Hoxe e A Peneira. Militante do sector crítico do PSdeG-PSOE de Vigo, deuse de baixa a principios de 2012 para integrarse en Unidade da Esquerda Galega. O 21 de xuño de 2012 incorporouse a Compromiso por Galicia, pero un mes máis tarde abandonou CxG para integrarse en Anova - Irmandade Nacionalista, da que foi membro da Coordinadora Nacional[1]. Foi dirixente de Nova Esquerda Galega, e desde fins de 2014 milita en Cerna

Radicalidade democrática fronte a fundamentalismoultra-liberal

  Sección;  Opinión

Entre as características máis específicas do actual proceso de mundialización capitalista e as principais claves da estratexia ultra-liberal atópanse: unha rapidísima circulación de información, imaxes, ideas, opinións; a imposición dun «pensamentoúnico»; a libre circulación de capitais, mercancías e servizos; límites moi selectivos á circulación de persoas; recortes demoledores de dereitos sociais e liberdades públicas, privatizacións xeneralizadas de servizos públicos, unha redución dos impostos directos e progresivos e a conseguinte mingua das políticas públicas de benestar; o empeoramento das condicións laborais e salariais do conxunto da clase traballadora en xeral e dos empregados públicos en particular; o incremento das agresións medio ambientais e do deterioro alimentario; o aumento do gasto en persoal e material policial e militar ...

 
Share