Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Un foro xornalístico sobre comunicación universitaria e globalización do coñecemento cita esta semana uns 60 participantes na USC, onde profesionais da comunicación procedentes de toda España e vinculados á Asociación Universitaria de Profesionais dos Gabinetes de Comunicación das Universidades e Centros de Investigación de España (AUGAC) debaterán durante dúas xornadas sobre cuestións de actualidade ligadas á comunicación institucional nun contexto global

Este encontro de traballo de periodicidade anual e sede itinerante por todo o territorio español, terá como escenario este xoves e venres -a terceira vez en 26 edicións- a institución académica compostelá. A USC, que comparte a organización desta reunión de traballo coas tamén universidades galegas de Vigo e A Coruña, está implicada na elaboración dun programa de carácter participativo e aberto, no que intervirán preto de vinte relatores.

Este foro profesional pretende ser un espazo de encontro e intercambio desde a perspectiva teórica e práctica da comunicación universitaria e institucional. Daquela, as persoas participantes terán a oportunidade de relacionarse con expertos nestas cuestións, procedentes das propias universidades e tamén dos medios de comunicación.

O reitor da USC, Juan Viaño Rey, inaugurar este xoves 15 de outubro, a partir das 10.00 horas, este encontro de profesionais ligados aos gabinetes de comunicación institucional, cuxos relatorios e mesas de debate se desenvolverán en quenda de mañá no compostelán Colexio de Fonseca.

A análise do cometido que desenvolven a literatura o xornalismo cara a difusión do coñecemento centrará a temática da primeira sesión deste foro, na que intervirán como relatores os escritores e xornalistas Alfons Cervera, Gerardo González de Vega e Pedro Ugarte Tamayo. A vicepresidenta da Augac, Mariola Conde Casado, actuará de moderadora.

Ao remate desta sesión, o vicerreitor de Comunicación e Coordinación da USC, José Pereira Fariña, moderará a mesa de debate co título ‘Os medios tradicionais e o seu papel na difusión do coñecemento. Intervirán como relatores os xornalistas Juanjo Becerra, de El Mundo; Tamara Montero Barreiro, de La Voz de Galicia; Xavier Cea Otero, subdirector de El Correo Gallego; Selina Otero Verdes, de Faro de Vigo; Mar Martínez Louzao, de El Progreso, e Cristina Huete, de El País. Xa en quenda de tarde, as persoas inscritas poderán participar nunha visita á sede de Inditex, en Arteixo, así como nunha posterior recepción institucional no concello de A Coruña.

A función das televisións rexionais europeas como canle de proximidade para divulgar coñecemento e a linguaxe da experiencia na comunicación universitaria serán as dúas grandes áreas temáticas obxecto de debate e análise nas sesións programadas na xornada do venres, que tamén se desenvolverán no Salón Nobre de Fonseca.

A xeito de colofón, as persoas participantes nesta reunión de xornalistas de gabinetes de comunicación universitaria e centros de investigación españois poderán completar a pé o sábado 17 un treito do Camiño de Santiago.{jcomments on}

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

 

O Goberno do PPdeG (Feijóo) sube as subvencións aos medios de comunicación que informan adecuadamente en favor do Partido Popular ocultando comunicados de grupos sociales que denuncian corrupción..Estas subvencións non teñen unha finalidade pública específica, senón simplemente soster os gastos de empresas de comunicación privada ..

.Denuncian os funcionarios da Xunta que soo nunha partida destina 1,7 millóns de € de subvencións ...

Feijóo ya lleva dilapidado en ayudas y subvenciones más de 38 millones...221 acordos cos medios de comunicación asinados pola ...

Los editores de noticias y plena actividad de los comunicados que remiten los gabinetes del PP en la Xunta de Galicia (adentados adecuadamente - hechos para su plubicación) y que han recibido mayores importes han sido La Voz de Galicia y Faro de Vigo, seguidas por El Progreso de Lugo y Radio Popular, esto es, la Cadena COPE. Los grupos propietarios de las dos cabeceras que reciben las subvenciones más cuantiosas obtienen también ayudas a través de Voz de Galicia Radio y de La Opinión de A Coruña y Faro de Vigo Media, respectivamente cuya dotación económica fue ampliada durante la precampaña de las municipales.

deixan claro que se trata de contratos ou subvencións encubertas, mentres que medios de mayor audiencia non reciben nin un centimo de euro...Ver más....(+)